Política de Privacidade

Pizpireta Networks SLU infórmalle sobre a súa Política de Privacidade en canto ao tratamento e protección dos datos persoais dos usuarios que se poidan recoller durante a súa navegación pola páxina web de Akifibra.

Neste sentido, Pizpireta Networks SLU cumpre o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas (RGPD).

O uso do sitio web implica a aceptación desta Política de Privacidade así como das condicións recollidas no Aviso Legal.

Identidade do responsable

  • Titular: Pizpireta Networks SLU.
  • NIF: B70532338
  • Enderezo: Rúa San Roque, 13, 15940 A Pobra do Caramiñal – A Coruña.
  • Correo electrónico: clientes@akifibra.com
  • Teléfono de contacto: 881 821 020

Principios aplicados no tratamento de datos

No tratamento dos seus datos persoais, o Titular aplicará os seguintes principios:

  • Principio de licitude, lealdade e transparencia: O Titular requirirá sempre o consentimento para o tratamento dos datos persoais para finalidades concretas informadas previamente.
  • Principio de minimización de datos: O Titular solicitará só os datos estritamente necesarios para a finalidade solicitada.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: Os datos conservaranse só durante o tempo necesario para a finalidade do tratamento.
  • Principio de integridade e confidencialidade: Os datos serán tratados de forma que se garanta a súa seguridade e confidencialidade.

Obtención de datos persoais

Para navegar por a nosa web non precisa proporcionar ningunha información persoal. Os casos nos que facilita os seus datos son ao contactar a través dos formularios de contacto ou enviar un correo electrónico.

Teus Dereitos

O Titular infórmalle que ten dereito a:

  • Solicitar acceso aos datos almacenados.
  • Solicitar unha rectificación ou cancelación.
  • Solicitar a limitación do seu tratamento ou opoñerse ao mesmo.

Para exercer estes dereitos, pode enviar un correo electrónico a clientes@akifibra.com xunto cunha proba de identidade válida (como copia do DNI).

Finalidade do tratamento de datos persoais

Cando te conectas ao sitio web para enviar un correo ou solicitas información a través de formularios, estás proporcionando información persoal. Esta información utilízase para responder ás túas mensaxes, dúbidas, queixas ou comentarios sobre os nosos servizos.

Tamén tratamos datos para garantir o cumprimento das condicións do Aviso Legal, mellorar os servizos ofrecidos e analizar a navegación (mediante cookies).

Seguridade dos datos persoais

Para protexer os seus datos persoais, o Titular toma todas as precaucións razoables e segue as mellores prácticas do sector para evitar a súa perda, uso indebido ou acceso non autorizado.

Pizpireta Networks SLU informa ao Usuario de que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiros, salvo obriga legal ou cando sexa necesario para a prestación dun servizo contratado (neste caso informando previamente).

Lexitimación para o tratamento de datos

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento. Para contactar ou enviar formularios neste sitio web, ten que aceptar esta Política de privacidade.

Conservación de datos persoais

Os datos persoais que proporcione ao Titular conservaranse ata que solicite a súa supresión.

Navegación web e Cookies

Ao navegar por Akifibra pódense recoller datos non identificativos mediante o uso de cookies. Pódese consultar toda a información relativa na páxina de Política de Cookies.

Exactitude e veracidade dos datos

Vostede comprométese a que os datos facilitados ao Titular sexan correctos, completos e exactos. Como usuario, é o único responsable da veracidade dos datos enviados.