Máis que unha marca.
Nacemos co obxectivo de levar o acceso á Internet ás zonas rurais con carencias de telecomunicacións na comarca de Barbanza.
Tras máis de 20 anos de traballo en diversas redes WISP e como socios fundadores de iniciativas comunitarias de éxito, coma Rianxo sen Cabos, decidimos dar o salto ao mundo das Fibras, Wimax e Telefonía dun xeito profesional baixo o selo de calidade que hoxe representamos.
Pero facémolo como sempre o fixemos: con honestidade, humildade, sinxeleza e moito traballo.
Ademais de ofrecer acceso á Internet e telefonía, traballamos de xeito continuo para achegarte novos servizos que che axuden a facer a vida máis doada, sempre mantendo un trato próximo, local e de confianza. Buscamos establecer relacións de éxito a longo prazo contigo.
Somos moito máis ca unha simple marca, somos o teu socio na conectividade e estamos aquí para ofrecerche un servizo excepcional.
Estés onde estés, traballamos para ti.
A nosa filosofía é a dun operador local que nunca te abandona, fuxindo do trato impersoal dos grandes operadores nacionais. Ti desfruta, nós poñemos a conexión.
Por que elixir Akifibra?
- ✓ Atención directa: Axudámosche desde as nosas tendas físicas, cara a cara.
- ✓ Soporte á túa vivenda: Se tes un problema, imos á túa casa a resolvelo. Non te deixamos só co router.
- ✓ Prezos sen sorpresas: Tarifas claras, sen letras pequenas e con todo incluído.
- ✓ Sen quedar incomunicado: O único operador que, se tes unha avaría particular na túa vivenda, non mira o custo; imos en 24 horas e facilitamos un router 4G de emerxencia. Non tes por que quedar incomunicado á espera de que chegue un técnico.
Onde atoparnos
Akifibra A Pobra
Rafael Calleja Nº 1
15940 A Pobra do Caramiñal
Luns a venres: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:30
Sábados: 10:30 a 13:30
Akifibra Rianxo
Rúa de Abaixo, 34
15920 Rianxo
Luns a sábado: 10:00 a 13:00
Martes, mércores e xoves: 17:00 a 20:00