GUÍA DO PROCESO
DE INSTALACIÓN
DA e-SIM
Toda a información necesaria para activar a túa liña dixital de forma rápida, segura e sen esperas.
Akifibra
Atención ao cliente: 881 821 020
www.akifibra.com
Que é a eSIM?
A eSIM (Embedded SIM) é a evolución dixital da tarxeta SIM tradicional. A diferenza da tarxeta física, a eSIM está integrada directamente no hardware do teu smartphone, permitíndoche activar a túa liña sen necesidade de manipular ningunha tarxeta de plástico.
Ventaxas de pasarte á eSIM
- 🚀 Activación Inmediata: Sen esperar a recibir unha tarxeta por correo. Recibes o teu QR e listo.
- 📱 Dual SIM: Mantén o teu número persoal e de traballo no mesmo dispositivo de forma simultánea.
- 🌍 Sustentabilidade: Eliminamos o uso de plástico e os residuos derivados do envío físico.
- 🔒 Maior Seguridade: En caso de perda ou roubo, a eSIM non se pode extraer do dispositivo.
Antes de comezar
Asegúrate de ter á man o Código QR que che enviamos por correo electrónico e unha conexión WiFi estable. A conexión a Internet é imprescindible para descargar o perfil da túa liña Akifibra.
Páxina 1 / 3
Como activar a túa eSIM
O proceso varía lixeiramente dependendo do sistema operativo do teu dispositivo. Sigue estes pasos:
1
Para dispositivos iOS (iPhone)
- Entra en Axustes.
- Selecciona Datos móbiles.
- Preme en Engadir plan de datos.
- Escanea o Código QR recibido.
- Sigue as instrucións en pantalla para asignar as etiquetas á túa liña.
2
Para dispositivos Android
- Entra en Axustes / Configuración.
- Vai a Conexións / Redes e Internet.
- Selecciona Xestor de tarxetas SIM.
- Preme en Engadir plan móbil / Engadir eSIM.
- Selecciona Escanear código QR e apunta coa cámara.
⚠️ IMPORTANTE: O código QR é de UN SÓ USO.
Se eliminas o perfil da eSIM ou cambias de dispositivo, terás que solicitar un novo duplicado (pode ter custes asociados).
Recomendacións
- Se mantés a túa SIM física anterior, lembra configurar cal será a liña principal para chamadas e cal para datos móbiles.
- Non elimines o perfil da eSIM se tes problemas de rede; primeiro reinicia o dispositivo ou contacta co noso soporte.
Páxina 2 / 3
Dispositivos Compatibles
A maioría dos dispositivos de gama media e alta son compatibles coa tecnoloxía eSIM. Aquí tes a listaxe detallada por marcas:
Apple
- iPhone: 17 Series, 16 Series, 15 Series, 14 Series, 13 Series, 12 Series, 11 Series, XS, XS Max, XR, SE (2020/2022).
- iPad: Pro 11" (1-5 gen), Pro 12.9" (3-6 gen), Air (3-6 gen), Mini (5-7 gen), iPad (7-10 gen).
Samsung
- Serie S: Galaxy S25, S24, S23, S22, S21, S20 Series (incl. FE e Ultra).
- Serie Z: Galaxy Z Fold (1-7), Galaxy Z Flip (1-7).
- Serie A/Note: Galaxy A35, A36, A54, A55, A56 5G, Note 20, Note 20 Ultra.
Google & Xiaomi
- Google: Pixel 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3 Series (incl. modelos "a").
- Xiaomi: 15, 14, 13, 12 Series, 12T Pro, Mix Flip.
- Redmi: Note 14 Pro/Pro+, Note 13 Pro/Pro+ 5G.
Outras Marcas
- Motorola: Edge 40/60, Razr 40/60, Moto G55/G86.
- Oppo/Vivo: Find X3/X5 Pro, Find N2 Flip, Reno Series, V40, V29 Lite.
- Huawei/Honor: P40, Mate 40 Pro, Magic 5/6/7, Honor 90/200.
ℹ️ Tamén son compatibles os principais reloxos intelixentes como Apple Watch (Series 3 en diante), Galaxy Watch (desde o orixinal) e Xiaomi Watch (S3, 2 Pro).
¿Tes algunha dúbida?
Se o teu modelo non aparece na lista ou tes problemas durante a activación, o noso equipo técnico está listo para axudarche por WhatsApp ou no teléfono de atención ao cliente.
© 2026 Pizpireta Networks SLU - Guía de configuración v1.2
Páxina 3 / 3